luns, 2 de outubro de 2017

XIV Concurso de cartas: DILLO A QUEN MALTRATA 2017

Organizado polaOficina de Igualdade do Concello de Lalín, este concurso ten coma obxectivo promover a reflexión sobre a violencia de xénero nas súas diferentes manifestacións: física, psicolóxica, sexual, económica..., así coma os seus efectos e consecuencias.

Podedes participar tanto profesores coma alumnos e enviar un máximo de tres cartas.

Hai que enviar os textos en dous arquivos en formato pdf antes do 3 de novembro ao enderezo electrónico igualdade@lalin.gal, nun deles vai a carta, e no outro, a ficha de inscrición, indicando no asunto XIV Concurso de cartas Dillo a quen maltrata.

Se queredes consultar máis detalles sobre as bases, están na Biblioteca. Animádevos! Aínda que non gañedes as tabletas ou o libro electrónico, seleccionaremos algunhas das cartas para publicar na revista Petiscos Literaria.

Ningún comentario:

Publicar un comentario